2 feb 2021

Os Tonios en tempo de Pandemia e outras viñetas publicadas no xornal A Nova peneira.

Rematamos 2020 cos ánimos polas nubes pero parece que a cousa vai para largo.

Así que aquí tedes a mellor vacuna contra todo mal. O HUMOR.


Nadal 2020.


novembro de 2020


setembro de 2020.


No medio de tanta presión, os Tonios aínda tiveron tempo de dar unha volta polo Monte do Seixo para solidarizarse coa tropa do Capitán Gosende e as súas loitas dende a trincheira. 

setembro de 2020.

E tamén tiveron unha visión premonitoria do que pasaría no mundo.

outubro de 2020.



25 ago 2020

Con Area Cousasdebuxo en "BAJO TIERRA, Teatro de lo mínimo".

Con area Cousasdeduxo estivo presente nesta interesante iniciativa que achega o teatro e a cultura ao mesmo tempo que amosa o patrimonio oculto nas impesionantes adegas de Valderas e Gordoncillo.

Penso que esta iniciativa irá medrando nos vindeiros anos, porque a boa semente, ben plantada e Baixo Terra, así o fai cando recibe o cariño do público.

Gracias a EJE producciones culturales por contar cos meus debuxos de area.

Deixo nesta entrada algunhas fotos da adega "La Vita" e de Gordoncillo, onde me tocou actuar.


Unha das secuencias de "As Viaxes do Mago Marco" durante a actuación.

Interior da adega "La Vita" onde fixen o espectáculo de debuxos de area.

O alcalde de Gordoncillo, Urbano, foi un guía excelente polo interior das adegas. Nótase cando un político fai as cousas por iniciativa propia e amor ao seu pobo.

As adegas están escavadas no barro e alcanzan unha extensión e profundidade impresionantes.

Outra das estancias da adega "La Vita", reaproveitada polos seus donos para xuntanzas familiares.

"La Vendimiadora", unha das moitas esculturas que hai en Gordoncillo.


Vista parcial do conxunto de adegas de Gordoncillo. Cada entrada é unha adega diferente e cada montículo corresponde aos respiraderos das adegas. En total hai máis de 40 adegas no pobo,

21 ago 2020

OS REIS DE ORIENTE NESTE 2020

En Vigo xa empezaron a poñer as luces de Nadal.

En cousasdebuxo non queremos quedar atrás, así que aí vai unha viñeta para este nadal.


Os Tonios e o Coronavirus

A receta dos Tonios contra o medo mediático desta plandemia é un pouco de humor.

Aquí están os que fun publicando en A Nova Peneira dende que comenzou todo isto:


1- Todo este rollo comezou cunha falta de rollos e xente nos balcóns.




 2- Todo era falar do pico e da curva.  





3- Despois coa desescalada, a xente botouse ás rúas.





4- E claro, a xente desbocouse e como algúns non saben beber.... agromaron os "rebotes".




5- E agora estamos nesa "nova normalidade" que de normal non ten nada. Ata hai quen prefiriu fuxir.