20 ene 2013

ALEGACIÓNS AO PXOM DE MÓS

Nestes días no Concello de (As) Mós andan ás voltas co Plan Xeral de Ordenación Municipal.

As múltiples alegacións presentadas fan que os redactores de dito plan e os gobernantes teñan que facer agora o que tal vez tiñan que ter feito antes, escoitar aos veciños e sobre todo aos colectivos e asociacións que os representan.




Adicado a tódolos afectados polo Plan Sectorial Eólico das serras do Galleiro e Galiñeiro.

27 dic 2012

CONTO DIGLÓSICO DE NADAL (I). AMELIA

SIGNIFICADO DE DIGLOSIA:
Este termo define o feito de que unha persoa se avergoñe ou teña un sentimento de inferioridade pola súa fala propia, utilizando outra lingua allea, con máis “prestixio” ou dominante.



U
nha familia de emigrantes, tras varias xeneracións, remata espallándose polo mundo adiante ata chegar a un punto no que, varios membros desta única familia teñen distintas nacionalidades. Eu tiven a oportunidade de compartir unha comida de Nadal con esta familia que se xuntaba en Vigo pero esta historia comenzou moitos anos atrás entre as parroquias de Beiro e Leiro, preto do Carballiño, e dende entón deu moitas voltas ata chegar de volta aquí.


 

C
o tempo, a filla máis vella casou cun extremeño, que á súa vez era neto de galegos emigrados a Cáceres, e a filla máis nova casou cun francés establecéndose na localidade de Hendaya. Ao cabo duns anos a primeira filla e mailo seu home viñéronse para Galiza por motivos laborais e de alí a uns anos cando chegou a hora da xubilación, os xa daquela avós voltaron á terra asentándose no Val da Louriña.








B
ueno, unha vez descrito o periplo migratorio desta familia, voltemos querido lector á comida de Nadal que tivo lugar no último piso dun edificio de Vigo que aquel día ben semellaba a Torre de Babel.

E
u cheguei á cita coa miña puntualidade de sempre, ou sexa, a tempo de ver como as dúas fillas de Amelia entonaban o "Olentzero", unha cantiga de nadal vasca dos seus tempos da infancia, mentres brindaban cunha copa de champaña (do bó, do francés de verdade e todo).




 

A
o pouco tempo chegaron os ingleses e a presenza dos pequenos encheu de ledicia a casa. No momento das presentacións, Harry, que xa falaba de maneira natural o inglés e o francés, atopouse ante as preguntas de Amelia.






N
aquel intre botámonos todos a rir, iso si, cada quen (galegos, vascos, franceses, ingleses e ata un mallorquín tamén presente), na súa lingua.


Eu quedei a pensar naquel imprevisto desexo de Amelia, necesidade de comunicarse co seu bisneto na súa lingua , “o español. E é que na súa vellez, Amelia xa non se decata da diferenza entre as dúas linguas que falou na súa vida, o galego e o castelán.


A
gora fala sempre a lingua da súa infancia e por certo,…
¿sabedes como lle chama á súa bisneta Florence?  Pois chámachelle… Floriñas.


Unha mágoa que non poida conversar cos seus bisnetos,…


O meu desexo para este Nadal, !!! que avós e netos, falen o noso español.


26 dic 2012

BENVIDOS A COUSASDEBUXO

Este ano 2012 botou a andar “Letras Perennes de Folla Caduca”, Boletín-Revista da bacía do Louro.  O seu editor, o polifacético Manuel Xío, convidoume a participar e, case que sen saber nin como, vinme pendurado na “árbore das inquedanzas”.
Gustoso do compromiso adquirido cheguei a casa e busquei unha caixa ateigada de moreas de debuxos, historietas, ilustracións e outras cousas medio esquecidas na miña cachola.
Todos estes personaxes gardados en carpetas convocaron unha gran manifestación no máis profundo dos meus pensamentos. A reivindicación era unánime: ¡Queremos saír do esquezemento! ¡Queremos traballar! ¡Sácanos desta caixa!.
Liderando as protestas estaba este personaxe que xa iredes coñecendo...

Ao cabo, accedín ás súas peticións comprometéndome a publicar este blog.
Benvidos, pois, a “Cousasdebuxo”.