A miña pequena contribución aos titiriteiros e á liberdade de expresión:
12 feb 2016
9 jul 2015
Debuxo para a FESTA DA PREHISTORIA
Estades convidados a esta festa tranquila.
Dende a XI edición, os organizadores propuxemonos acabar co "home do botellón" e apostamos por unhas actividades para tódolos públicos.
Iso é o que quixen transmitir con este debuxo.
Dende a XI edición, os organizadores propuxemonos acabar co "home do botellón" e apostamos por unhas actividades para tódolos públicos.
Iso é o que quixen transmitir con este debuxo.
14 feb 2014
OS "TONIOS" na A-55
Sempre hai polémica na construción das vías de comunicación
pero aquí en Mós, punto neurálxico de paso cáseque obrigatorio dende a antigüidade,
as cousas sempre se complicaron de máis.
Xa fora polémica a construción da A-52 pero anos máis tarde o
trazado da A- 55 voltou a provocar todo tipo de críticas e causar problemas aos
veciños.
Daquela (2007/2008) os Tonios solidarizáranse cos
movementos veciñais de protesta e protagonizaron esta viñeta, rescatada do
caixón de COUSASDEBUXO estes días nos
que a autovía volve estar de actualidade.
Pois din que o tempo da a razón e anos máis tarde os estudos
de tráfico danlle a razón aos veciños e máis aos Tonios. (Véxase a noticia do Faro de Vigo).
Non sei se os
burros andan polo aire ou non. O certo é que o trazado destas dúas vías
ao seu paso por Mós parece deseñado por psicópatas, como demostra o alto número
de accidentes. Pero ademáis provocou un trauma aos veciños de Tameiga e
Petelos, que sufriron a división das súas parroquias por unha autovía que para
eles parece unha “muralla china”.
11 feb 2014
OS "TONIOS" COMENZAN O ANO ESCAPANDO DO TEMPORAL
Os "Tonios", un par de veciños dun pobo calquera de Galiza, comezan este ano 2014 coma todos...
... fuxindo da chuvia e o vento.
Xa irei rescatando vellas historietas desta peculiar "parexa".
BUENO, PARECE QUE XA QUERE EMPEZAR A SAÍR O SOL !
....
....
17 ene 2014
CONTO DIGLÓSICO DE MANUEL
* Publicado no nº 4 de "Letras Perennes de Folla Caduca" (xuño 2013).

Foi aquí
foi cando as advertencias de Mucha convertíronse en berros verdadeiramente
alarmantes, como é lóxico, xa que o rapaz non atendía a razóns.
O
desencadenante desta historia foi a diglosia, que fai que os pais falen aos
seus fillos o castelán, mentres estes seguen mamando o galego nas conversas dos
maiores.

Para que isto acontecera así como volo vou contar tiveron
que darse varias circunstancias que explicarei antes de empezar:
1- Os personaxes deste conto viven a carón da
estrada N-550, ao seu paso por Mós, e podo asegurar que vivir pegados a esta
estrada supón un trauma, tanto para os pais como para os seus fillos ata que
estes pasan dunha determinada idade, polo perigo que representa.
2- O personaxe principal, Manuel, era daquela un
deses rapaces que non paran quietos. Non podo imaxinar a niguén mellor para encarnar
nun filme ao protagonista dos famosos chistes de “Daniel o fedello”.
3- A terceira circunstancia é a omnipresente
diglosia que padecemos en Galiza, responsable de que pais e avós reneguen de
falar aos seus fillos e netos na lingua propia do noso país.
Despois
de contarvos estas tres premisas, imprescindibles para comprender a historia,
vou a comenzar o conto, do que fun testemuña presencial. Os outros personaxes
foron a miña veciña Mucha, avoa de Manuel, e a miña nai.
As fillas da miña veciña e máis eu tivemos
a costume de brincar xuntos, alternando os xogos na súa casa, na dos meus pais
ou na doutros rapaces do barrio. Esta práctica seguen a repetila os nenos de
hoxe, que se xuntan nalgunha casa na que queda algún maior de idade para “mirar por eles”.
Xa se sabe, aos cativos non se lles pode deixar sós.
Xa se sabe, aos cativos non se lles pode deixar sós.
Acabáramos de xantar cando escoitamos a Mucha que chamaba
pola miña nai e saímos ao balcón para ver que quería.
Manuel saíu correndo cara ao portal, ao tempo que a súa
aboa berrou alarmada:
- Despacito Manuel,
con cuidado.
Pero Manuel,
que era rápido como unha centella, xa estaba saíndo polo portal dirixíndose ao
paso fronteirizo entre as dúas casas,... a perigosa beirarrúa!.
- ¡¡¡Para Manuel!!!
, ¡¡¡paraaaaa!!!
Sobra dicir que todos os que presenciamos a escea escachamos coa risa.
Como ben podedes comprobar a personalidade do rapaz, traste
e pillabán, influíu moito neste suceso, e sen dúbida, tamén o metodo de castigo
utilizado polos seus titores. Tan acostumado estaba aos tiróns de orellas que non
dubidou en ningún momento en
auto-obrigarse a traspasar o arcén por este método.
Coma
tódolos contos diglósicos, este dá para rir pero tamén provoca tristura.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







