30 ene 2018

Os "Tonios" e as felicitacións de ano novo

Os "Tonios" recibiron algunha felicitación de ano novo como poderedes ver no xornal "A Nova Peneira". Que teñades todos un bo ano cheo de cousas lindas (na Louriña estamos fartos de lindezas).

E se non, botade un ollo á páxina da Plataforma Anti-lindano da Louriña.



26 dic 2017

Os Tonios e a cidade "especulativa" do Celta en Mós

Que bonito!!!

O Sr. Mouriño e a alcaldesa de Mós anuncian as maravillas da cidade deportiva do Celta sen ter o consentimento dos propietarios do monte. A iso chamaselle "botar o carro antes dos bois".

E mirade se vai por diante o carro... que estes especuladores, co respaldo da Xunta, xa teñen todo amañado para expropiar os montes se os veciños optan por rexeitar este proxecto de "interese social".
Interese social?
De verdade temos que tragar con isto?
Será tan maravilloso o que non quixeron antes en Candeán, Valladares ou Cabral?



Para saber como trataron de vendernos isto só tedes que ver como prepararon a propaganda deste proxecto en Vigo e Mós utilizando o sentimento "celtista" para os seus intereses e despois compáralo coa realidade que viven os representantes das comunidades de montes.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2017/12/24/ciudad-deportiva-panales/0003_201712V24C2991.htm

https://www.facebook.com/asembleaGanaMos/videos/1611656975594902/?q=ga%C3%B1amos%20asemblea%20veci%C3%B1al









23 nov 2017

Os "Tonios" e os presos políticos.

Hai presos políticos ou non? vos que pensades?

Os "Tonios" teñeno claro.



Publicado no xornal "A Nova Peneira" de novembro de 2017.

26 oct 2017

Os "Tonios" en CATALUNYA.

Xa dixen no mes de setembro que este ano ía ver outro "entroido" no mes de outubro, que íamos ver moita "comparsa" e que o novo uniforme dos presidiarios sería de raias "rojigualdas".

Pois algo de razón tiña e xa foron moitos os que "quitaron a súa careta" para mostrar a súa verdadeira faciana.

Chegados a este punto, aquí temos aos "Tonios" -que aínda non quitaron o seu disfraz de presos- facendo das súas.


Agardamos que esta pintada sexa premonitoria para una institución anacrónica e imposta polo franquismo.
Ademais quero solidarizarme cos "Jordis" e para iso envio aos nosos "Tonios" dende COUSASDEBUXO, a miña casa nese país onde todos somos ceives, o país da IMAXI-NACIÓN.



Para os que non vistes a presentación do novo modelo de traxe de preso no seu momento, deixo aquí a viñeta de setembro.


Veremos como remata o conto pero isto so acaba de empezar...

SAÚDE E REPÚBLICA!




26 sept 2017

Os "Tonios e o campo de "golfos" de Baiona.

Xa andamos a voltas cun novo despropósito. Un "campo de golfos" (léase especuladores,...).
Nesta ocasión en Baiona e sen contar coa opinión dos vecinos e propietarios dos terreos (montes).

Coma sempre nestes casos, os intereses duns poucos parecen estar por riba dos moitos vecinos afectados, sen importar como vai afectar ao patrimonio cultural e paixasístico, por medio de expropiacións forzosas ou sen ter en conta como vai afectar aos manantiais de auga.

O máis flipante é que o proxecto, que ben recollido no PXOM de Baiona, pretende afectar tamén ao municipio estremante (o concello de Oia).

Oia vostede,... aquí a alguén se lle vai a "OIA".


Publicado en "A Nova peneira" de setembro.

os "Tonios" co novo modelo de traxe de preso

Parece que o entroido ven dúas veces este ano. E que na segunda volta o dia grande será o 1 de outubro.
Cal será o disfrace máis popular? o de piolín? o do gato silvestre?
Non o sei. O que si teño claro é que nestas datas haberá moita "comparsa" e que o novo uniforme dos presidiarios será a raias "rojigualdas".
E seguro que o deseño e confección serán "Made in Catalunya".
Que apostades?

22 ago 2017

Non te "azores"

Tralo atentado a semana pasada  en Barcelona hai moito "azorado" (ver tódalas acepcións do verbo "azorar"). Moitos destes "azorados" están irritados (1 acepción) porque os cataláns falen catalán ou asustados (2 acepción) por motivos xenófobos.
É triste que esa xente non se decate de que o mundo está "azorado" (irritado,asustado e avergoñado tamén) dende a famosa reunión dos verdadeiros culpabes nas Azores.
Tiña que ser un catalán o que dixo aquilo de:
"Contigo empezó todooooo"

Vaia para tódalas vítimas do atentado en Barcelona e para tódalas demais causadas por este "azoramento".
E tamén para o atentado contra liberdade de Catauña e os ataques que sofre contínuamnete este pobo.