11 sept 2018

Os Tonios na Universidade

Cada vez este estado español da máis.... UUUUAAAAAGGGGGHHHHH!

Os Tonios nunca foron á Universidade. Nin falta que fai!

Para que xuntarse con tanto licenciado?



Os Tonios na Prehistoria


Unha teoría sobre gran cantidade de gravados rupestres na Galiza.

Poidera ser... Ao mellor os chamáns tamén adiviñaron futuras plagas de eucaliptos e incendios e por iso insistiron tanto.

A saber...


os TONIOS e os compromisarios





29 jun 2018

Os Tonios e o VAR

Parece que un tal VAR meteu un gol en Rusia.

Do que meteu o de Moaña non se di nada.


Pois nada, que sepades que en Moaña tamén hai un "Var con Uve" ademais dun bo xogador de futbol.


29 may 2018

COUSAS DEBUXO no 4º festival Benedita Mágica.

Os meus debuxos de area estiveron una vez máis nun festival de maxia, desta volta convidado pola API (Asociaçao Portuguesa de Ilusionismo) na Vila de Benedita (Alcobaça-Portugal), na gala internacional do 26 de maio acompañando a magos de Portugal, España e China.

Foi un orgullo poder representar a Galiza neste festival, compartir escenario con estes magos (son incribles) e volver a atoparme con Chris e Guto (de Chaves Máxico). Moitas grazas ao Mago Rovit, a Francisca Marques, Rui Fernades e a todo o equipo técnico.



Video da despedida e peche da gala presentado por Francisca Marques Vidal.






Despedida ao remate da actuación.

Elenco da Gala Internacional: Juan Mayoral, Huang Zheng, Francisca Marques, Lanydrack&Faty, Pablo Cánovas, Mago Rubén e Laura, Marcos Escudero e David Sousa.

Mosteiro de Alcobaça