12 dic 2021

Viñeta STOP-EÓLICOS

Fixen esta viñeta no obradoiro de Humor Ambiental organizado por AMABUL-Asociación Medioambiental (o 2 de outubro) e dirixido por Kiko Dasilva.

STOP-EÓLICOS.


 


Os Tonios e a subida da "Lus"

 Dúas viñetas da subida do precio da electricidade publicadas no xornal "A Nova Peneira" (setembro e novembro).





18 sept 2021

As viñetas dos Tonios publicadas no xornal "A Nova Peneira" neste trimestre.

Se imos á taberna en bicicleta poderemos xuntarnos máis de 100?

E se os músicos tocan subidos a unha bicicleta o seu público poderá apelotonarse diante do escenario?

Pois parce ser que en La Vuelta si.

 Aquí, en Mós, gañou un tal Chapoussin, que tal e como se pronuncia en francés, un galego entedería "champuzán". Algo diso hai na xestión da pandemia.



 

Os Tonios e o certificado covid.


Non me movades os marcos!



7 abr 2021

Os Tonios e os "Jabachos" en tempo de pandemia.

 Outro ano sen poder celebrar a "Reconquista da Vila de Vigo", "ARDE O PAZO, Mós-1809" ou a "Batalla de Casal de Eirigo de Valga".

Así o ven os Tonios!







2 feb 2021

Os Tonios en tempo de Pandemia e outras viñetas publicadas no xornal A Nova peneira.

Rematamos 2020 cos ánimos polas nubes pero parece que a cousa vai para largo.

Así que aquí tedes a mellor vacuna contra todo mal. O HUMOR.


Nadal 2020.


novembro de 2020


setembro de 2020.


No medio de tanta presión, os Tonios aínda tiveron tempo de dar unha volta polo Monte do Seixo para solidarizarse coa tropa do Capitán Gosende e as súas loitas dende a trincheira. 

setembro de 2020.

E tamén tiveron unha visión premonitoria do que pasaría no mundo.

outubro de 2020.



25 ago 2020

Con Area Cousasdebuxo en "BAJO TIERRA, Teatro de lo mínimo".

Con area Cousasdeduxo estivo presente nesta interesante iniciativa que achega o teatro e a cultura ao mesmo tempo que amosa o patrimonio oculto nas impesionantes adegas de Valderas e Gordoncillo.

Penso que esta iniciativa irá medrando nos vindeiros anos, porque a boa semente, ben plantada e Baixo Terra, así o fai cando recibe o cariño do público.

Gracias a EJE producciones culturales por contar cos meus debuxos de area.

Deixo nesta entrada algunhas fotos da adega "La Vita" e de Gordoncillo, onde me tocou actuar.


Unha das secuencias de "As Viaxes do Mago Marco" durante a actuación.

Interior da adega "La Vita" onde fixen o espectáculo de debuxos de area.

O alcalde de Gordoncillo, Urbano, foi un guía excelente polo interior das adegas. Nótase cando un político fai as cousas por iniciativa propia e amor ao seu pobo.

As adegas están escavadas no barro e alcanzan unha extensión e profundidade impresionantes.

Outra das estancias da adega "La Vita", reaproveitada polos seus donos para xuntanzas familiares.

"La Vendimiadora", unha das moitas esculturas que hai en Gordoncillo.


Vista parcial do conxunto de adegas de Gordoncillo. Cada entrada é unha adega diferente e cada montículo corresponde aos respiraderos das adegas. En total hai máis de 40 adegas no pobo,