14 feb 2014

OS "TONIOS" na A-55


Sempre hai polémica na construción das vías de comunicación pero aquí en Mós, punto neurálxico de paso cáseque obrigatorio dende a antigüidade, as cousas sempre se complicaron de máis.

Xa fora polémica a construción da A-52 pero anos máis tarde o trazado da A- 55 voltou a provocar todo tipo de críticas e causar problemas aos veciños.

Daquela (2007/2008) os Tonios solidarizáranse cos movementos veciñais de protesta e protagonizaron esta viñeta, rescatada do caixón de COUSASDEBUXO estes días nos que a autovía volve estar de actualidade.




Pois din que o tempo da a razón e anos máis tarde os estudos de tráfico danlle a razón aos veciños e máis aos Tonios. (Véxase a noticia do Faro de Vigo).

La A-55 en Mos es el vial de España con más accidentes y víctimas entre 2008 y 2012

Non sei se os burros andan polo aire ou non. O certo é que o trazado destas dúas vías ao seu paso por Mós parece deseñado por psicópatas, como demostra o alto número de accidentes. Pero ademáis provocou un trauma aos veciños de Tameiga e Petelos, que sufriron a división das súas parroquias por unha autovía que para eles parece unha “muralla china”.



11 feb 2014

OS "TONIOS" COMENZAN O ANO ESCAPANDO DO TEMPORAL



Os "Tonios", un par de veciños dun pobo calquera de Galiza, comezan este ano 2014 coma todos...

... fuxindo da chuvia e o vento.

 Xa irei rescatando vellas historietas desta peculiar "parexa"










BUENO, PARECE QUE XA QUERE EMPEZAR A SAÍR O SOL !


....

17 ene 2014

CONTO DIGLÓSICO DE MANUEL

* Publicado no nº 4 de "Letras Perennes de Folla Caduca" (xuño 2013).






 
Para que isto acontecera así como volo vou contar tiveron que darse varias circunstancias que explicarei antes de empezar:

1-   Os personaxes deste conto viven a carón da estrada N-550, ao seu paso por Mós, e podo asegurar que vivir pegados a esta estrada supón un trauma, tanto para os pais como para os seus fillos ata que estes pasan dunha determinada idade, polo perigo que representa.

2-    O personaxe principal, Manuel, era daquela un deses rapaces que non paran quietos. Non podo imaxinar a niguén mellor para encarnar nun filme ao protagonista dos famosos chistes de “Daniel o fedello”.

3-    A terceira circunstancia é a omnipresente diglosia que padecemos en Galiza, responsable de que pais e avós reneguen de falar aos seus fillos e netos na lingua propia do noso país.

                Despois de contarvos estas tres premisas, imprescindibles para comprender a historia, vou a comenzar o conto, do que fun testemuña presencial. Os outros personaxes foron a miña veciña Mucha, avoa de Manuel, e a miña nai.


                    As fillas da miña veciña e máis eu tivemos a costume de brincar xuntos, alternando os xogos na súa casa, na dos meus pais ou na doutros rapaces do barrio. Esta práctica seguen a repetila os nenos de hoxe, que se xuntan nalgunha casa na que queda algún maior de idade para “mirar por eles”

Xa se sabe, aos cativos non se lles pode deixar sós.

 
 



Acabáramos de xantar cando escoitamos a Mucha que chamaba pola miña nai e saímos ao balcón para ver que quería.


 






Manuel saíu correndo cara ao portal, ao tempo que a súa aboa berrou alarmada:

- Despacito Manuel, con cuidado.
               
                Pero Manuel, que era rápido como unha centella, xa estaba saíndo polo portal dirixíndose ao paso fronteirizo entre as dúas casas,... a perigosa beirarrúa!.

                    Foi aquí foi cando as advertencias de Mucha convertíronse en berros verdadeiramente alarmantes, como é lóxico, xa que o rapaz non atendía a razóns.


- ¡¡¡Para Manuel!!! , ¡¡¡paraaaaa!!!




                


Sobra dicir que todos os que presenciamos a escea escachamos coa risa.

Como ben podedes comprobar a personalidade do rapaz, traste e pillabán, influíu moito neste suceso, e sen dúbida, tamén o metodo de castigo utilizado polos seus titores. Tan acostumado estaba aos tiróns de orellas que non dubidou en ningún momento  en auto-obrigarse a traspasar o arcén por este método.

                O desencadenante desta historia foi a diglosia, que fai que os pais falen aos seus fillos o castelán, mentres estes seguen mamando o galego nas conversas dos maiores.
                 
                Coma tódolos contos diglósicos, este dá para rir pero tamén provoca tristura.