30 mar 2018

Os "Tonios" e as obras na A-55 de Vigo a Mós

Fora bromas. Estou pensando (moi seriamente) iniciar unha petición á DGT para inclúan este novo sinal para as obras que empezan e non rematan. Coma as do tramo da autovía entre Vigo e Mós, paradas dende 2016. Publicado en "A Nova Peneira" de marzo.


22 mar 2018

sand painting "O Parrulo feo" coa Banda de música do Rosal

Domingo, 18 de marzo. Auditorio do Rosal.

Sand Painting ilustrando o conto do "Parrulo Feo" coa música en directo da Banda de música do Rosal.
Para ver o vídeo pinchar na imaxe.

https://www.youtube.com/watch?v=HpWW5v5jb6Q

Cartaz da X edición de ARDE O PAZO, Mós-1809

Neste caso botei man dos debuxos de Urdezo (Asterix e Obelix) para tentar darlle visibilidade aos dous personaxes principais da loita contra os franceses na louriña en 1809.

O caudillo da Alarma de San Antoíño, José Benito BERNÁRDEZ e o frade GIRÁLDEZ.

Se foran galos serían Bernárdix e Giráldix...

A ver si deste xeito o público se lembra mellor dos nomes destes héroes e conseguimos sacalos do anonimato.