29 may 2018

COUSAS DEBUXO no 4º festival Benedita Mágica.

Os meus debuxos de area estiveron una vez máis nun festival de maxia, desta volta convidado pola API (Asociaçao Portuguesa de Ilusionismo) na Vila de Benedita (Alcobaça-Portugal), na gala internacional do 26 de maio acompañando a magos de Portugal, España e China.

Foi un orgullo poder representar a Galiza neste festival, compartir escenario con estes magos (son incribles) e volver a atoparme con Chris e Guto (de Chaves Máxico). Moitas grazas ao Mago Rovit, a Francisca Marques, Rui Fernades e a todo o equipo técnico.



Video da despedida e peche da gala presentado por Francisca Marques Vidal.






Despedida ao remate da actuación.

Elenco da Gala Internacional: Juan Mayoral, Huang Zheng, Francisca Marques, Lanydrack&Faty, Pablo Cánovas, Mago Rubén e Laura, Marcos Escudero e David Sousa.

Mosteiro de Alcobaça




26 may 2018

Os Tonios e os cambios de color

Agora que o PP é oficialmente igual ca mafia, moitos pensaran en cambiar de  color pero o cbeiro non haberá quen llo quite.


Publicado en "A Nova Peneira" de maio.

16 may 2018

Os "Tonios" na escola (conto diglósico).

Desta volta os Tonios foron á escola.

Con gallo do Día das Letras Galegas quixen facer referencia ao problema diglósico que sofre a nosa lingua e uns dos motivos da constante perda de falantes.

Esto foi verdade e aconteceu nalgún colexio do Val Miñor segundo me contou una mestra.

Os Tonios xa lle poñen a súa acostumada retranca, porque non é o mesmo "pensar un chisco" que "pensar un rato" (xa se sabe,... algúns ratos van de listos).


CON AREA COUSAS DEBUXO en Budiño.


CON AREA COUSAS DEBUXO.
Este domingo os meus debuxos de area van estar en Budiño (na Asoc. Cultural A Forna) na compaña de dúas promesas do teatro mosense. Roman Gonzalez Garrido e Minxi Domínguez.