28 dic 2018

CON AREA COUSASDEBUXO no Nadal Máxico do Concello de Cee

O meu espectáculo de "sand painting", Con Area COUSASDEBUXO, levoume unha vez máis a participar no mundo da maxía.

Aquí deixo algunhas fotos de onte no Nadal Máxico do Concello de Cee.


Final de "As Viaxes do Mago Marco" no Nadal Máxico de Cee.

Secuencia de "As Viaxes do Mago Marco".

Imaxe final de "Festa" no Nadal Máxico de Cee.

Cartel do espectáculo.


Outra secuencia de "As Viaxes do Mago Marco".

No camerino, preparando a roupa para ir á obra.

Había moita area en Cee (estabamos ao lado da praia), ladrillos, paleta, caldeiro,... pero faltaba o cemento!
Como acabará a obra? Que non cho conten. Apúntate á próxima función para velo ti mesmo.  

Os "Tonios" e a Deseucaliptización.

Os participantes da enquisa feita polo "Portal das Palabras" decantaronse por ampla maioría.
A palabra deste ano 2018 que está a piques de rematar é:

DESEUCALIPTIZACIÓN.

Os Tonios dirían "des-ocarlito-zación", "des-alcolitro-zación" e outras tantas variables, pero, diga como se diga, o importante é o significado:

EUCALIPTOS NON!