30 jun 2017

Os "Tonios" na Festa da Rosa.

Unha aclaración para os que non sodes de aquí:

O día 13 de xuño, día da Rosa en Mós, calquera parecido cunha festa foi "puta" coincidencia. Nesa semana celebrouse tamén o congreso do "novo" PSOE, con "novo" secretario xeral (un tal Pedro Sánchez que seica morrera pero...). De aí a confusión de Tonio Delgado cando ve chegar ao outro "Tonio" cunha rosa na man.


 
Ver á cúpula do PP (ou de calquera outro partido) facendo un mitin nunha "festa" (*) que pretende ser de tódolos mosenses, é un claro síntoma de que os organizadores realmente non queren que esa festa nos represente a TODOS.

* O carallo é que os mosenses non temos núcleo urbano. A isto (que xa é grave) hai que sumarlle o feito de estar entre Vigo, O Porriño e Redondela. Como consecuencia disto, os mosenses non temos unha festividade central nin un patrón único, cada quen tira para a súa parroquia e despois agardamos a que cheguen as grandes festas dos concellos limítrofes para unirnos a eles que si teñen un día grande. Non é raro ver a un mosense pedir un día no traballo para disfrutar dos concertos de Castrelos, das festas do Cristo do Porriño ou das festas da Coca de Redondela.

Pero, a ver,... Quen é o mosense que pediría un día (libre ou de vacacións) para non perderse a Festa da Rosa?

A resposta é: NINGUÉN (no seu sano xuicio).

Non imos meternos nos lameiros da orixe desta festa (invento dalgún iluminado que lle deu por aí) ou o motivo polo que o emblema dun señor feudal (os Quirós que solo foron señores de dúas das dez parroquias) ten que representar representar a un pobo de traballadores.

Eu non son moito de refraneiros (adoito levarlles a contra metendome en loitas contra muíños xigantes que sei difíciles de gañar antes de empezar) pero neste caso vou facer referencia a eles:

Hai quen lle "pide peras ao olmo" e quen lle da "margaridas aos porcos".

1- Á Festa da Rosa non se lle pode pedir máis, nin coa declaración de interese turístico, todos sabemos que o seu interese turístico é CERO. Se ademáis organizan un mitin político,... PEOR!.

2- A identidade de Mós aínda non se perdeu de todo. Aínda se pode recuperar pero compre que os dirixentes non perdan o norte. Lamentablemente, a día de hoxe, estamos gobernados por xente sen ideas, sen escrúpulos, sen vergonza, sen identidade,...

Iso si, teñen empresas fantasma, domicilios na costa, contas en paraísos fiscais,... Todo moi bonito para eles pero nada bo para Mós.