26 dic 2017

Os Tonios e a cidade "especulativa" do Celta en Mós

Que bonito!!!

O Sr. Mouriño e a alcaldesa de Mós anuncian as maravillas da cidade deportiva do Celta sen ter o consentimento dos propietarios do monte. A iso chamaselle "botar o carro antes dos bois".

E mirade se vai por diante o carro... que estes especuladores, co respaldo da Xunta, xa teñen todo amañado para expropiar os montes se os veciños optan por rexeitar este proxecto de "interese social".
Interese social?
De verdade temos que tragar con isto?
Será tan maravilloso o que non quixeron antes en Candeán, Valladares ou Cabral?



Para saber como trataron de vendernos isto só tedes que ver como prepararon a propaganda deste proxecto en Vigo e Mós utilizando o sentimento "celtista" para os seus intereses e despois compáralo coa realidade que viven os representantes das comunidades de montes.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2017/12/24/ciudad-deportiva-panales/0003_201712V24C2991.htm

https://www.facebook.com/asembleaGanaMos/videos/1611656975594902/?q=ga%C3%B1amos%20asemblea%20veci%C3%B1al









23 nov 2017

Os "Tonios" e os presos políticos.

Hai presos políticos ou non? vos que pensades?

Os "Tonios" teñeno claro.



Publicado no xornal "A Nova Peneira" de novembro de 2017.

26 oct 2017

Os "Tonios" en CATALUNYA.

Xa dixen no mes de setembro que este ano ía ver outro "entroido" no mes de outubro, que íamos ver moita "comparsa" e que o novo uniforme dos presidiarios sería de raias "rojigualdas".

Pois algo de razón tiña e xa foron moitos os que "quitaron a súa careta" para mostrar a súa verdadeira faciana.

Chegados a este punto, aquí temos aos "Tonios" -que aínda non quitaron o seu disfraz de presos- facendo das súas.


Agardamos que esta pintada sexa premonitoria para una institución anacrónica e imposta polo franquismo.
Ademais quero solidarizarme cos "Jordis" e para iso envio aos nosos "Tonios" dende COUSASDEBUXO, a miña casa nese país onde todos somos ceives, o país da IMAXI-NACIÓN.



Para os que non vistes a presentación do novo modelo de traxe de preso no seu momento, deixo aquí a viñeta de setembro.


Veremos como remata o conto pero isto so acaba de empezar...

SAÚDE E REPÚBLICA!




26 sept 2017

Os "Tonios e o campo de "golfos" de Baiona.

Xa andamos a voltas cun novo despropósito. Un "campo de golfos" (léase especuladores,...).
Nesta ocasión en Baiona e sen contar coa opinión dos vecinos e propietarios dos terreos (montes).

Coma sempre nestes casos, os intereses duns poucos parecen estar por riba dos moitos vecinos afectados, sen importar como vai afectar ao patrimonio cultural e paixasístico, por medio de expropiacións forzosas ou sen ter en conta como vai afectar aos manantiais de auga.

O máis flipante é que o proxecto, que ben recollido no PXOM de Baiona, pretende afectar tamén ao municipio estremante (o concello de Oia).

Oia vostede,... aquí a alguén se lle vai a "OIA".


Publicado en "A Nova peneira" de setembro.

os "Tonios" co novo modelo de traxe de preso

Parece que o entroido ven dúas veces este ano. E que na segunda volta o dia grande será o 1 de outubro.
Cal será o disfrace máis popular? o de piolín? o do gato silvestre?
Non o sei. O que si teño claro é que nestas datas haberá moita "comparsa" e que o novo uniforme dos presidiarios será a raias "rojigualdas".
E seguro que o deseño e confección serán "Made in Catalunya".
Que apostades?

22 ago 2017

Non te "azores"

Tralo atentado a semana pasada  en Barcelona hai moito "azorado" (ver tódalas acepcións do verbo "azorar"). Moitos destes "azorados" están irritados (1 acepción) porque os cataláns falen catalán ou asustados (2 acepción) por motivos xenófobos.
É triste que esa xente non se decate de que o mundo está "azorado" (irritado,asustado e avergoñado tamén) dende a famosa reunión dos verdadeiros culpabes nas Azores.
Tiña que ser un catalán o que dixo aquilo de:
"Contigo empezó todooooo"

Vaia para tódalas vítimas do atentado en Barcelona e para tódalas demais causadas por este "azoramento".
E tamén para o atentado contra liberdade de Catauña e os ataques que sofre contínuamnete este pobo.


28 jul 2017

Os Tonios e as campañas da DGT

Nestes días, coma tódolos veráns, atopamos eses paneis informativos luminosos nas autovías que din:

CAMPAÑA ESPECIAL DE VIXILANCIA DE VEHÍCULOS
MANTEÑA O SEU VEHÍCULO EN BO ESTADO.

Os Tonios tamén se manteñen ben a pesar de ter que manter ao Estado Hespañol :(


Publicado en "A Nova Peneira" xullo.

30 jun 2017

Os "Tonios" na Festa da Rosa.

Unha aclaración para os que non sodes de aquí:

O día 13 de xuño, día da Rosa en Mós, calquera parecido cunha festa foi "puta" coincidencia. Nesa semana celebrouse tamén o congreso do "novo" PSOE, con "novo" secretario xeral (un tal Pedro Sánchez que seica morrera pero...). De aí a confusión de Tonio Delgado cando ve chegar ao outro "Tonio" cunha rosa na man.


 
Ver á cúpula do PP (ou de calquera outro partido) facendo un mitin nunha "festa" (*) que pretende ser de tódolos mosenses, é un claro síntoma de que os organizadores realmente non queren que esa festa nos represente a TODOS.

* O carallo é que os mosenses non temos núcleo urbano. A isto (que xa é grave) hai que sumarlle o feito de estar entre Vigo, O Porriño e Redondela. Como consecuencia disto, os mosenses non temos unha festividade central nin un patrón único, cada quen tira para a súa parroquia e despois agardamos a que cheguen as grandes festas dos concellos limítrofes para unirnos a eles que si teñen un día grande. Non é raro ver a un mosense pedir un día no traballo para disfrutar dos concertos de Castrelos, das festas do Cristo do Porriño ou das festas da Coca de Redondela.

Pero, a ver,... Quen é o mosense que pediría un día (libre ou de vacacións) para non perderse a Festa da Rosa?

A resposta é: NINGUÉN (no seu sano xuicio).

Non imos meternos nos lameiros da orixe desta festa (invento dalgún iluminado que lle deu por aí) ou o motivo polo que o emblema dun señor feudal (os Quirós que solo foron señores de dúas das dez parroquias) ten que representar representar a un pobo de traballadores.

Eu non son moito de refraneiros (adoito levarlles a contra metendome en loitas contra muíños xigantes que sei difíciles de gañar antes de empezar) pero neste caso vou facer referencia a eles:

Hai quen lle "pide peras ao olmo" e quen lle da "margaridas aos porcos".

1- Á Festa da Rosa non se lle pode pedir máis, nin coa declaración de interese turístico, todos sabemos que o seu interese turístico é CERO. Se ademáis organizan un mitin político,... PEOR!.

2- A identidade de Mós aínda non se perdeu de todo. Aínda se pode recuperar pero compre que os dirixentes non perdan o norte. Lamentablemente, a día de hoxe, estamos gobernados por xente sen ideas, sen escrúpulos, sen vergonza, sen identidade,...

Iso si, teñen empresas fantasma, domicilios na costa, contas en paraísos fiscais,... Todo moi bonito para eles pero nada bo para Mós. 

26 may 2017

os "Tonios" no día das Letras Galegas

Os Tonios no xornal "A nova Peneira" de maio mentras a Xunta segue subvencionando a prensa que solo se lembra da nosa fala ese día.
Tódolos días deberan ser das nosas letras.




26 abr 2017

OS "TONIOS" E OS CURRICULOS FALSOS

O "pequeño Nicolas" non estaba só. Despois de tantos anos alguén destapou a mentira da "licenciada" que dirixe o Concello de Mos.

O tema xa é viral e claro, os Tonios tamén falaron disto no último número do xornal "A Nova Peneira".



Agora fala de tobillos, de alturas, de adicacións en corpo e alma, etc,... para tratar de camuflar o cheiro. O vídeo de La sexta non ten desperdicio para que o queira ver.

Os Tonios escoitando a Rajoi

O problema non é que non fale inglés. Cando se lía malamente se lle entende en castelán.