30 nov 2016

25 oct 2016

Os "Tonios": Que NO es NO

"Os Tonios" tomando uns viños no xornal A Nova Peneira.

Haberá que tomarlle outra, non?... si?... ou abstémonos?



28 sept 2016

25-S: UNHA VIÑETA SEN HUMOR

Desta volta "os Tonios" non foron ás páxinas do xornal A Nova Peneira. Non estaban de "humor", vendo o panorama, e non quixeron saír da casa. Agardo que pronto recuperen os ánimos.  


29 jul 2016

JUAU-JUAU / debuxos para ilustrar o "seica-disc" do Amijo da Peluquera

JUAU-JUAU

Tal vez esta é a canción "culpable" deste SEICA-DISC, xa que todo empezou por facer un video-clip de animación para esta canción.
Estes son algúns dos debuxos e secuencias do videoclip, que espero rematar ao longo deste ano.

Era moi tarde / acabaramos de cear / mañán é día de escola / rapaz vaite deitar / aínda non puxera o pijama / achejeime á ventana a mirar o que pasaba / porqué os cans ladraban / era... era.. era...

Quen era???



Isto é un Bidón - debuxos para ilustrar o "seica-disc" do Amijo da Peluquera

Nestes días irei publicando una serie de debuxos que fixen para ilustrar as letras das cancións incluídas no librillo do SEICA-DISC "Antes de que me caia o pelo" do Amijo da Peluquera (o meu alter-ego músico-jevicheiro) que xa está rulando polos recunchos de Mós e toda a Louriña.

O primeiro corresponde á 2ª canción "Isto é un Bidón".

24 jun 2016

OS "TONIOS" ANTE O 26-J

"Os Tonios", ese par veciños que sempre andan xuntos nas miñas viñetas, foron dar una volta ate o xornal "A Nova Peneira". Desta volta os dous personaxes atopanse ante o26-J
Que resolución tomarán?





Isto foi o que publicou Tino Lago, director da Nova Peneira, no Editorial do xornal: "Danos igual Alexandra ca Luis, Miguel Anxo ca Olalla. De feito, gustaríanos non ter que escoller. Gustaríanos que Alexandra, Miguel Anxo, Olalla, Noa Presas ou Antón Sánchez camiñaran cóbado con cóbado con honestidade e lealdade porque cren en Galicia e porque queren a Galicia.
O 26 de xuño creamos en Galicia e queiramos a Galicia!