Os meus debuxos de area estiveron una vez máis nun festival de maxia, desta volta convidado pola API (Asociaçao Portuguesa de Ilusionismo) na Vila de Benedita (Alcobaça-Portugal), na gala internacional do 26 de maio acompañando a magos de Portugal, España e China.
Foi un orgullo poder representar a Galiza neste festival, compartir escenario con estes magos (son incribles) e volver a atoparme con Chris e Guto (de Chaves Máxico). Moitas grazas ao Mago Rovit, a Francisca Marques, Rui Fernades e a todo o equipo técnico.
Video da despedida e peche da gala presentado por Francisca Marques Vidal.

|
Despedida ao remate da actuación.
|
|
Elenco da Gala Internacional: Juan Mayoral, Huang Zheng, Francisca Marques, Lanydrack&Faty, Pablo Cánovas, Mago Rubén e Laura, Marcos Escudero e David Sousa.
|
 |
Mosteiro de Alcobaça |