25 ago 2020

Con Area Cousasdebuxo en "BAJO TIERRA, Teatro de lo mínimo".

Con area Cousasdeduxo estivo presente nesta interesante iniciativa que achega o teatro e a cultura ao mesmo tempo que amosa o patrimonio oculto nas impesionantes adegas de Valderas e Gordoncillo.

Penso que esta iniciativa irá medrando nos vindeiros anos, porque a boa semente, ben plantada e Baixo Terra, así o fai cando recibe o cariño do público.

Gracias a EJE producciones culturales por contar cos meus debuxos de area.

Deixo nesta entrada algunhas fotos da adega "La Vita" e de Gordoncillo, onde me tocou actuar.


Unha das secuencias de "As Viaxes do Mago Marco" durante a actuación.

Interior da adega "La Vita" onde fixen o espectáculo de debuxos de area.

O alcalde de Gordoncillo, Urbano, foi un guía excelente polo interior das adegas. Nótase cando un político fai as cousas por iniciativa propia e amor ao seu pobo.

As adegas están escavadas no barro e alcanzan unha extensión e profundidade impresionantes.

Outra das estancias da adega "La Vita", reaproveitada polos seus donos para xuntanzas familiares.

"La Vendimiadora", unha das moitas esculturas que hai en Gordoncillo.


Vista parcial do conxunto de adegas de Gordoncillo. Cada entrada é unha adega diferente e cada montículo corresponde aos respiraderos das adegas. En total hai máis de 40 adegas no pobo,

No hay comentarios:

Publicar un comentario