26 dic 2012

BENVIDOS A COUSASDEBUXO

Este ano 2012 botou a andar “Letras Perennes de Folla Caduca”, Boletín-Revista da bacía do Louro.  O seu editor, o polifacético Manuel Xío, convidoume a participar e, case que sen saber nin como, vinme pendurado na “árbore das inquedanzas”.
Gustoso do compromiso adquirido cheguei a casa e busquei unha caixa ateigada de moreas de debuxos, historietas, ilustracións e outras cousas medio esquecidas na miña cachola.
Todos estes personaxes gardados en carpetas convocaron unha gran manifestación no máis profundo dos meus pensamentos. A reivindicación era unánime: ¡Queremos saír do esquezemento! ¡Queremos traballar! ¡Sácanos desta caixa!.
Liderando as protestas estaba este personaxe que xa iredes coñecendo...

Ao cabo, accedín ás súas peticións comprometéndome a publicar este blog.
Benvidos, pois, a “Cousasdebuxo”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario