27 dic 2012

CONTO DIGLÓSICO DE NADAL (I). AMELIA

SIGNIFICADO DE DIGLOSIA:
Este termo define o feito de que unha persoa se avergoñe ou teña un sentimento de inferioridade pola súa fala propia, utilizando outra lingua allea, con máis “prestixio” ou dominante.



U
nha familia de emigrantes, tras varias xeneracións, remata espallándose polo mundo adiante ata chegar a un punto no que, varios membros desta única familia teñen distintas nacionalidades. Eu tiven a oportunidade de compartir unha comida de Nadal con esta familia que se xuntaba en Vigo pero esta historia comenzou moitos anos atrás entre as parroquias de Beiro e Leiro, preto do Carballiño, e dende entón deu moitas voltas ata chegar de volta aquí.


 

C
o tempo, a filla máis vella casou cun extremeño, que á súa vez era neto de galegos emigrados a Cáceres, e a filla máis nova casou cun francés establecéndose na localidade de Hendaya. Ao cabo duns anos a primeira filla e mailo seu home viñéronse para Galiza por motivos laborais e de alí a uns anos cando chegou a hora da xubilación, os xa daquela avós voltaron á terra asentándose no Val da Louriña.








B
ueno, unha vez descrito o periplo migratorio desta familia, voltemos querido lector á comida de Nadal que tivo lugar no último piso dun edificio de Vigo que aquel día ben semellaba a Torre de Babel.

E
u cheguei á cita coa miña puntualidade de sempre, ou sexa, a tempo de ver como as dúas fillas de Amelia entonaban o "Olentzero", unha cantiga de nadal vasca dos seus tempos da infancia, mentres brindaban cunha copa de champaña (do bó, do francés de verdade e todo).




 

A
o pouco tempo chegaron os ingleses e a presenza dos pequenos encheu de ledicia a casa. No momento das presentacións, Harry, que xa falaba de maneira natural o inglés e o francés, atopouse ante as preguntas de Amelia.






N
aquel intre botámonos todos a rir, iso si, cada quen (galegos, vascos, franceses, ingleses e ata un mallorquín tamén presente), na súa lingua.


Eu quedei a pensar naquel imprevisto desexo de Amelia, necesidade de comunicarse co seu bisneto na súa lingua , “o español. E é que na súa vellez, Amelia xa non se decata da diferenza entre as dúas linguas que falou na súa vida, o galego e o castelán.


A
gora fala sempre a lingua da súa infancia e por certo,…
¿sabedes como lle chama á súa bisneta Florence?  Pois chámachelle… Floriñas.


Unha mágoa que non poida conversar cos seus bisnetos,…


O meu desexo para este Nadal, !!! que avós e netos, falen o noso español.


3 comentarios:

  1. Moi moi bo meu, parabéns e moi boa sorte nos teus emprendementos. Desexoche o mellor para o ano que pronto vai chegar. Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Para deixar o primeiro comentario aquí, non podía haber ninguén mellor ca outro debuxo.
    Que ghastes moito lapiz compañeiro!.

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito a istoria, desas hai moitas por ahi de galegos e galegas perdidos polo mundo. Anque cheguei algo tarde a leela, mereceu a pena, xa che digo. Home para todo.Escultor, canteiro, artista e agora tamén escritor. Moi ben, segue asi. E por certo, non entendo moi ben iso de que "falen o noso español". Será con retrinca, nonsi? jajaja.

    ResponderEliminar